Adolfo Caamaño (Barro, Pontevedra, 1959), é licenciado en Xeografía e Historia e profesor de Ensino Secundario en Marín. Colaborador en medios xornalísticos como A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, Diario do Barroso, ademais de ser fundador da revista de creación literaria Hidromel (Pontevedra, 1980). Como poeta ten publicado: Poemario Irlandés (2000), premio Johán Carballeira 1999; Alma de Beiramar (2002); O Trazo Aberto (2003) e Poemario Compostelán (2006), premio de poesía Concello de Marín 1999. Como narrador publicou as novelas Soberano (2004), premio Benito Soto ao mellor libro do ano 2004, e O paxaro do mel (Xerais 2006).
Recibe novedades de ADOLFO CAAMAÑO directamente en tu email
MATAR O HEROE es un libro del autor Caamaño, Adolfo editado por GALAXIA. MATAR O HEROE tiene un código de ISBN 978-84-9151-352-0, de la colección LITERARIA.
Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible mister Angus Harris e a sua banda de zaireños que secuestraron a Saihda, a sua nai, e a outros veciños da aldea danakil para vendelos como escravos. Os tres afoutos rapaces, coa intencion de liberar aos seus, emprenderan unha dificil persecucion da caravana de escravos vendose obrigados a atravesar a selva prohibida, onde entre as ruinas dun estraño gran edificio atoparan a arbore do saber, o mono do papiro e seguiran a estela da cor vermella do paxaro do mel. Unha extraordinaria e engaiolante novela de aventuras, ambientada na Abisinia ocupada polos italianos a finais do seculo XIX.Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible mister Angus Harris e a sua banda de zaireños que secuestraron a Saihda, a sua nai, e a outros veciños da aldea danakil para vendelos como escravos. Os tres afoutos rapaces, coa intencion de liberar aos seus, emprenderan unha dificil persecucion da caravana de escravos vendose obrigados a atravesar a selva prohibida, onde entre as ruinas dun estraño gran edificio atoparan a arbore do saber, o mono do papiro e seguiran a estela da cor vermella do paxaro do mel. Unha extraordinaria e engaiolante novela de aventuras, ambientada na Abisinia ocupada polos italianos a finais do seculo XIX.