Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrandose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise esgotada para a cama. Enton escoitou uns ruidos que procedian da sua mochila, descubrindo que ali habia un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrin, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois todolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguen o descubrise. Derdrin e un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrin ten 300 anos de idade. E moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Todolos dias, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as suas aventuras, ata facerense moi bos amigos. Nas festas de nadal, Derdrin disfrazase de Papa Noel. Pero tera saudades do seu bosque, e da sua amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben.No corazon do bosque, o libro de Agustin Fernandez Paz, ilustrado fermosamente por Miguelanxo Prado, e unha historia de seres fantasticos, onde trasnos, aneis maxicos con poderes, seres invisibles desenvolvense sobre a atmosfera natural da fraga do Eume. Como e habitual nas obras de Fernandez Paz, neste libro tamen se abordan outras cuestions de interese para os lectores de oito anos en diante. A convivencia dentro da familia, os conflitos dentro da aula, os problemas economicos, a amizade e a soidade, os problemas ecoloxicos ou do medio ambiente. O eixo do libro esta constituido, pois, polo encontro dunha nena de hoxe cun ser tan caracteristico do mundo mitico galego (e tamen do peninsular e europeo) como e o trasno.Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrandose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise esgotada para a cama. Enton escoitou uns ruidos que procedian da sua mochila, descubrindo que ali habia un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrin, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois todolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguen o descubrise. Derdrin e un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrin ten 300 anos de idade. E moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Todolos dias, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as suas aventuras, ata facerense moi bos amigos. Nas festas de nadal, Derdrin disfrazase de Papa Noel. Pero tera saudades do seu bosque, e da sua amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben.No corazon do bosque, o libro de Agustin Fernandez Paz, ilustrado fermosamente por Miguelanxo Prado, e unha historia de seres fantasticos, onde trasnos, aneis maxicos con poderes, seres invisibles desenvolvense sobre a atmosfera natural da fraga do Eume. Como e habitual nas obras de Fernandez Paz, neste libro tamen se abordan outras cuestions de interese para os lectores de oito anos en diante. A convivencia dentro da familia, os conflitos dentro da aula, os problemas economicos, a amizade e a soidade, os problemas ecoloxicos ou do medio ambiente. O eixo do libro esta constituido, pois, polo encontro dunha nena de hoxe cun ser tan caracteristico do mundo mitico galego (e tamen do peninsular e europeo) como e o trasno.
Ver más