A sinalización de un penalti na final da Copa do Rei, que se xoga no Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é o punto de partida dunha novela, no que o tempo se detén e en pouco máis de cinco minutos reais transcorre a historia de Francisco Rodríguez.
unha novela de espías..., espiados. Pero non uns espías ao xeito das películas americanas, senón de verdade, reais. Xosé Torga, o protagonista, un histórico militante da UPG, investiga e descobre o papel dos servizos secrertos españois nos distintos conflictos internos que sufriu o nacionalismo, concretamente a UPG, e, por extension, as demais organizacions nacionalistas. Esta novela de non ficcion, non so relata os metodos que utilizan dentro da organizacion, senon que nos descobre os que, desde dentro, a soldo do Estado español ou por outras razons, xogaron un papel central nas divisions nacionalistas.
A verdade tranquiliza ou desacouga? Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rua do Con nº 68 da cidade da Oliva. Desde o seu novo posto describenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais episodios economico-politicos nos que participou como dirixente nacionalista e como presidente do Comite de Empresa de Caixasur. Para Martiño, a sua vida e a de milleiros de cidadans da Oliva seria totalmente distinta se non saldasen Caixasur, pois foi ai onde comezaron a maioria dos problemas. Este libro esta escrito para aquelas persoas que queren saber, seguindo a maxima de John Berger de que a imaxinacion non e a capacidade de inventar, senon a capacidade de desvelar o que existe.