Andrea García Martínez naceu no ano 2000 en Santiago de Compostela, aínda que vive desde nena en Sigüeiro (Oroso), onde pasaba o seu tempo imaxinando historias de aventuras e misterio, as cales compartía a través do debuxo e do teatro. No ano 2018 trasládase a Ourense para formarse como ilustradora na EASD Antonio Faílde, onde cursa tamén estudos superiores de Deseño de Interiores. «Animais fantástisco de aldea» (Xerais, 2023), con texto e ilustracións da autora, é a súa primeira obra publicada.
Recibe novedades de ANDREA GARCIA MARTINEZ directamente en tu email
O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorifico que lle pora a carne de galiña a veciñanza de Froxan. Os adultos non atopan unha explicacion loxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciño, Nela e Milucho, tres rapaces da aldea, sospeitan algo e deciden embarcarse na resolucion do arrepiante misterio.