A rata é unha novela dura e fascinante na que unha rata nos conta a súa vida cun estilo seco e conciso, sen adornos, intenso e agresivo como a historia mesma. Asistimos ó seu nacemento, ó seu proceso de aprendizaxe, os primeiros contactos co seu maior inimigo, o home, as suas loitas pola supervivencia, a sua destreza na arte de matar: a supervivencia e unha loita continua na que ou matas ou morres. E a sua vida convertese asi nun continuo fuxir da morte a traves da morte. Percorremos con ela ruas e sumidoiros, de cidade en cidade, sempre pendentes dos multiples perigos que asexan en cada esquina: cans, gatos, curuxas, trampas e velenos, outras ratas e, sobre todo, o home, o perigo maior. Pero a medida que a rata vai coñecendo mellor o home, vaise dando de conta de que e mais debil do que parece, de que non e tan distinto dela como supoñia: os homes tamen poden ser sucios e crueis como unha rata, tamen matan para comer, mesmo poden chegar a matarse entre eles. E nos, lectores, imonos dando conta tamen do duro paralelismo que se pode establecer entre o mundo das ratas, tan repugnante e distante, e o noso. Porque a novela non e mais ca unha enorme parabola anunciada xa no prologo: "Non esquezas, querido lector, que cando describo a vida das ratas dun xeito tan natural e detallado, estou a pensar en ti".