"Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos", escribiu Castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética de Antonio García Teijeiro. En O que ven os ollos dos nenos, terceira entrega da coleccion "A letra durminte", agroma a palabra espida, sincera e espontanea dos que estan a descubrir o mundo: "O muro esta fermoso. O neno e maila nena sorrin, collense da man e comezan a canta-la cancion da esperanza; senten asi que estan vivos".O que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas explendidas colaxes de Fino Lorenzo, evoca a palabra dos poetas mais queridos de Teijeiro: Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres, Federico Garcia Lorca, Rafael Alberti.... Apaixonado pola literatura mais comprometida dos sentimentos, Teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a sua mirada sobre o muro da poesia e da vida. Denuncia a inxustiza do noso tempo: dende as fames do Sudan, a situacion de Chiapas, as guerras de Afganistan e Kosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara a ningures... Libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, O que ven os ollos dos nenos, e un berro pola cultura da paz e da tenrura sen limites que venza o paso do tempo."Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos", escribiu Castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética de Antonio García Teijeiro. En O que ven os ollos dos nenos, terceira entrega da coleccion "A letra durminte", agroma a palabra espida, sincera e espontanea dos que estan a descubrir o mundo: "O muro esta fermoso. O neno e maila nena sorrin, collense da man e comezan a canta-la cancion da esperanza; senten asi que estan vivos".O que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas explendidas colaxes de Fino Lorenzo, evoca a palabra dos poetas mais queridos de Teijeiro: Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres, Federico Garcia Lorca, Rafael Alberti.... Apaixonado pola literatura mais comprometida dos sentimentos, Teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a sua mirada sobre o muro da poesia e da vida. Denuncia a inxustiza do noso tempo: dende as fames do Sudan, a situacion de Chiapas, as guerras de Afganistan e Kosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara a ningures... Libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, O que ven os ollos dos nenos, e un berro pola cultura da paz e da tenrura sen limites que venza o paso do tempo.
Ver más