Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda cerca das memorias", un monllo de relatos ambientados nos anos da sua infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucia, no concello ourensan de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldea dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotografica e relatados con pulsion inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura. O cadaver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiro que separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a sua identidade. A procesion do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito un espantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, que chegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, de mestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era o recreo e na que todos os dias antes de sair pola tarde os alumnos tiñan que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, o frustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ou aqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, o vingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidades...Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de raiz popular, estes retratos e relatos populares de Bautista Alvarez emparentan con paxinas de Anxel Fole, Castelao e outros autores da tradicion do mellor relato galego do seculo XX.Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda cerca das memorias", un monllo de relatos ambientados nos anos da sua infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucia, no concello ourensan de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldea dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotografica e relatados con pulsion inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura. O cadaver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiro que separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a sua identidade. A procesion do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito un espantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, que chegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, de mestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era o recreo e na que todos os dias antes de sair pola tarde os alumnos tiñan que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, o frustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ou aqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, o vingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidades...Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de raiz popular, estes retratos e relatos populares de Bautista Alvarez emparentan con paxinas de Anxel Fole, Castelao e outros autores da tradicion do mellor relato galego do seculo XX.
Ver más