Este libro é froito dunha intensa investigación realizada co obxectivo de analizar o exercicio do dereito de liberdade relixiosa na realidade histórica da xénese e irradiación do protestantismo en Galicia, desde 1868 ata 1931. Cal é a xénese e desenvolvemento do protestantismo en Galicia? Como pode explicarse a implantación de comunidades evanxélicas de fondo arraigo no seu territorio? Factores socioeconómicos e relixiosos, psicosociais e xurídicos interactúan e inflúen dun xeito simultáneo na penetración, instalación e difusión do protestantismo en Galicia.
O protestantismo en Galicia. Unha historia centenaria, esquecida constitúe unha obxectiva e novidosa achega sobre a experiencia histórica doutros crentes galegos non católicos. Un libro que estudia a xenese e a difusion do protestantismo en terras galegas, e mais os factores que incidiron no seu desenvolvemento historico, co gallo de analiza-la vixencia, vida e alcance en Galicia do exercicio do dereito de liberdade relixiosa entre as constitucions de 1869 e a de 1931. Encuadernacion: Rustica.