Bernardino Graña


Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que é socio de honra dende 1986. Membro da Real Academia Galega, publicou unha extensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil. Como poeta publicou: " Poema do home que quixo vivir " (1958); " Profecía do mar " (1966, Xerais 1995); " Non vexo Vigo nin Cangas " (1975); " Se o noso amor e os peixes " (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; " Sima-Cima do voar tolo " (1984); " Himno verde " (1992); " Ardentía. Obra poética completa " (1995); " As Cantigas de Santa María " (Xerais 1996); " Luz de novembro " (1997); " Acendede as almenaras " (Xerais 2008) e " Ser auga, darse en auga " (2011). No ámbito do teatro: " Vinte mil pesos crime " (1962, Xerais 2005), " Sinfarín contra don Perfeuto " (1975) e " Os burros que comen ouro nunca cabalos serán " (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979). Como narrador publicou o libro de relatos " Fins do mundo " (1974, Xerais 1989) e as novelas " Protoevanxeo do neto de Herodes " (Xerais 2006), II Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa, " Carmela e os ladróns " (2010), " ¡Medre o mar! " (2013), " A fuga a Exipto " (2016) e " O neno mariñeiro " (Xerais 2017). Publicou en Xerais as seguintes obras de literatura infantil: " O león e o paxaro rebelde " (1969), " Xan Guindán, capitán " (1991), " Oso mimoso " (1992), " O gaiteiro e o Rato Pérez " (1994), Premio Merlín 1993, " Cristo e San Pedro, peregrinos " (1994), " Rata linda de Compostela " (1994, 2009) e " O Quirico lambón " (1997). En 2005 Xerais publicouse, na colección Crónica " Co...
Recibe novedades de BERNARDINO GRAÑA directamente en tu email
Del 1 al 20 de 29
ACENDEDE AS ALMENARAS

Edicións Xerais 9788497827034


CON FRANCO NUN ARMARIO

A NOSA TERRA 9788483413258


NO CASTELO DE MARBEL

A NOSA TERRA 9788483413814


CARMELA E OS LADRONS

EDICIONS MORGANTE 9788415166009


O CORVO QUE ANDOU DE PATO

A NOSA TERRA 9788483414507


SEN SOMBRA E SEN AMOR

Editorial Galaxia, S.A. 9788482886930


VINTE MIL PESOS CRIME

Edicións Xerais 9788497823029


LARPANCIA SABOROSA DO LOBO E A RAPOSA

EDICIONS EMBORA 9788492644292


ARDENTIA (OBRA POETICA COMPLETA)

ESPIRAL MAIOR 9788488137562


O LEON E O PAXARO REBELDE (2ª ED.)

XERAIS 9788475074535


PROFECIA DO MAR

XERAIS 9788475078717


LUZ DE NOVEMBRO

ESPIRAL MAIOR 9788489814363


HIMNO VERDE

ESPIRAL MAIOR 9788488137029


FINS DO MUNDO

XERAIS 9788475073910


AS CANTIGAS DE SANTA MARIA

XERAIS 9788483020111


O GAITEIRO E O RATO PEREZ (2ªED)

XERAIS 9788475077826


UN PORCO CON CHAPEU

A NOSA TERRA 9788483414187


TRES VELLAS FABULAS NOVAS

EVEREST 9788440304414


CONTRA O LEON COVARDE

EDICIONS DO CUMIO 9788482890074


RATA LINDA DE COMPOSTELA

XERAIS 9788475078618


Del 1 al 20 de 29