Nesta publicación inclúense dúas obras de Cándido Pazó: Binomio de Newton, gañadora do Premio Max no 2003, e García, que acaba de recibir o Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal, na actualidade en cartel por toda Galiza. Binomio de Newton, mostra a vida de dous seres inmaturos que foxen do compromiso e se achegan perigosamente ou pasan da idade da madurez. A imposibilidade dos afectos, o hedonismo ou inmobilismo vital son algunhas das cuestións sobre as que reflexionan os protagonistas, sen que falte o humor -tan habitual en Cándido Pazó- na auténtica esgrima de diálogos coa que se define esta obra. Coa historia de García, herdeiro do Reino de Galiza, Cándido Pazó somérxenos nas "emocións e nas claves que levan a unha persoa a afacerse a vivir preso, nun cárcere familiar, laboral, sentimental... e mesmo a definir a aquelas sociedades que atopan conforto na propia derrota". Rodrigo, vasalo e amigo do rei García, introdúcese no castelo no que este está preso para liberalo, aínda que lonxe de conseguir os seus proxectos co que se atopa é cun monarca vencido e resignado ao seu presidio.
Inés de Castro, pertencente á poderosísima familia galega dos Castros (unha das que máis influíron na política dos reinos hispánicos cristiáns no século XIV), entrou en Portugal como dama do séquito de dona Constanza, infanta castelá prometida de don Pedro, infante de Portugal (futuro Pedro I o Cru). Namorados o infante e a Castro iniciaron unha relación, apartada pero pública e coñecida.Desaprobada esta relación polo rei de Portugal don Afonso IV (por razóns de inconveniencia conxuntural), este, por mor de complicadas lideiras políticas, manda asasinar a dona Inés, sacrificándoa a 'superiores razóns de estado'. Cando o infante don Pedro chega a rei fai recoñecer, 'post mortem', a Inés de Castro como raíña. Dona Inés xace como raíña (cabo de don Pedro I) nun magnífico monumento tumular no mosteiro de Alcobaça. Dona Xoana de Castro, irmá de dona Inés, que tiña selado un compromiso de matrimonio co rei de Castela Pedro I o Cruel (sobriño do outro Pedro I, o Cru), foi repudiada (por lideiras políticas non moi diversas das que provocaron a morte da irmá) na mesma noite de vodas. Estoutra Castro xace como raíña de Castela nunha tumba da Capela das Reliquias na Catedral de Santiago. Ata aquí, brevisimamente, a historia. Logo o mito, a xente que o forxou... e dous destinos de muller. Despois a metáfora... o teatro.
DELIO
Se cadaquén usa a praza de garaxe para deixar nela o que lle saia dos... complementos directos, xa me dirás. Empezamos por aí e por onde acabamos, eh? Por onde acabamos? Pensa un pouco Nito.En
Elucubración escénica nun acto e un epílogo A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, un octoxenario Eduardo Pondal, corroído pola neurose no devalar da súa vida, enfróntase a medos, dubidas e insatisfaccions creativas ao redor da obsesion pola sua obra capital, Os Eoas, tendo como interlocutores un personaxe nado da sua perturbacion e a noviña criada da pension en que se aloxa.