Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX.Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas, tamen na sua maioria, pola iniciativa de fotografos e establecementos tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernandez (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gandara; ademais doutras achegas tiradas do Portfolio Galicia, editado en 1904, que inclue fotos do coruñes Pedro Ferrer e dos fotografos Paramo e Bugarin. Outros fotografos que participan neste legado de memoria son os clasicos Roisin e Ksado.Atopamos, tamen, os primeiros documentos graficos editados de Tui, datados a mediados do seculo XIX, ilustracions de libros e da prensa ?ilustrada? realizados mediante tecnicas de augafortes ou de gravados en estereotipia. Este e o caso do gravado de Joseph Skelton, unha fermosa paisaxe do Miño entre Tui e Valença, publicada nun libro ingles en 1840, ou da vista da Catedral, ou da Ponte Internacional, publicadas pola Ilustracion Gallega y Asturiana en 1879 e 1880, respectivamente, evocadoras daquel Tui que fora unha das capitais do antigo Reino de Galicia e se episcopal ata arestora.Iniciamos o percorrido coa imaxe de ?O gaiteiro de Guillarei? (1903) e das vistas panoramicas da vila, da Ponte Internacional e do Miño. Continuamos cos gravados e fotografias da Catedral e dos seus tesouros; coas instantaneas da vida cidada na Corredoira, no paseo de Elduayen, na Glorieta e na Alameda, na Praza da Inmaculada; nos arrabalde de San Domingos e da Canicouba. O volume completase, nas suas paxinas finais, con postais do rio Louro, e dos muiños e do traballo aldean de Caldelas de Tui.O material grafico de A memoria de Tui vai precedido por unha evocacion literaria da vila, preparada por Roque Cameselle. Un texto rico e moi documentado que constitue unha viaxe paralela pola memoria da cidade.
Ver más