Carlos Taboada (Pontevedra, 1979) é ilustrador, publicista, escritor e sobre todo lector. En 2008 fundou xunto a Enrique Mauricio o colectivo de actividades creativas Polo Correo do Vento a partir da colección de libros do mesmo nome. Esta colección consta de sete volumes dirixidos ao público infantil e foi publicada por Edicións Xerais de Galicia ese mesmo ano. Dende entón, a través de Polo Correo do Vento, ten levado a cabo numerosos traballos de ilustración, publicidade, creación audiovisual e diversas publicacións infantís como Un ronsel de ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016), Periplo atlántico (2016) ou Meiga nova. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Actualmente dedicase á realización de actividades de animación á lectura, obradoiros de ilustración e á creación de historias. A biblioteca de Pedrarcana (Xerais, 2018), a súa primeira obra en solitario, foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.
Recibe novedades de CARLOS TABOADA directamente en tu email
Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvia o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as suas irmas, Xela e Sabela, acudiron a biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana."A biblioteca de Pedrarcana" e unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvia o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as suas irmas, Xela e Sabela, acudiron a biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana."A biblioteca de Pedrarcana" e unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.