Celso Emilio Ferreiro


Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949, publicou "O soño sulagado" (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu "Longa noite de pedra" (1962, Xerais 1990, Xerais 2002). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man en man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que escribiu "Viaxe ao País dos Ananos" (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en "Cantigas de escarnio e maldicir" (1968), no romance de cego "Paco Pixiñas" (1970), en "Os autentes" (1973) e mais en "Antipoemas" (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios "Cimenterio privado" (1973), "Onde o mundo se chama Celanova" (1975, Xerais 1991) e o "Libro dos homenaxes" (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: "A fronteira infinda" (1972, Xerais 1988) e "A taberna do galo" (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento, Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicado os volumes "Obra narrativa" (Xerais 2003), "Poesía galega completa" (Xerais 2004), "Semblanzas, crónicas e artigos" (Xerais 2005) e, agora, "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" (Xerais 2020).
Recibe novedades de Celso Emilio Ferreiro directamente en tu email
Del 1 al 20 de 36
LARGA NOCHE DE PIEDRA/ LONGA NOITE DE PEDRA (EDICION BILINGUE)

AUGA EDITORA 9788493932800


DUN TEMPO E DUNHA TERRA (ANTOLOXIA POETICA GALEGA)

Editorial Tambre (Edelvives) 9788415165743


LA FRONTERA INFINITA

FAKTORIA K DE LIBROS (K-2) 9788496957107


ESCOLMA POETICA

Faktoría K de Libros 9788496957305


Larga noche de piedra

RINOCERONTE EDITORA S.L. 9788493537562


LONGA NOITE DE PEDRA

EDICIOS DO CASTRO 9788484852780


TABERNA DEL GALO

PEZ DE PLATA 9788493829629


LONGA NOITE DE PEDRA (3ª ED.)

DO CASTRO 9788474924404


A FRONTEIRA INFINDA

XERAIS 9788475073545


ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA

XERAIS 9788475075983


LONGA NOITE DE PEDRA

XERAIS 9788475074528


ANTOLOXIA

XERAIS 9788475073798


CURROS ENRIQUEZ

JUCAR 9788433400741


OBRA NARRATIVA

Edicións Xerais 9788497820639


O soño sulagado

AKAL 9788473395816


Birimbao

Edicións Xerais 9788491216261


POESIA GALEGA COMPLETA

SALVORA EDICIONES 9788485779208


Celso emilio Ferreiro para nenos

Ediciones de la Torre 9788486587253


LONGA NOITE DE PEDRA (BILINGUE)

AKAL 9788473395557


VIAXE AO PAIS DOS ANANOS (BILINGUE)

AKAL 9788473395663


Del 1 al 20 de 36