Xosé Luís Méndez Ferrín é un dos nosos escritores mais representativos, posuidor dun mundo propio cheo de forza e de suxerencias. Esta edición é unha escolma dalgúns dos seus mellores contos, pequenas obras mestras da nosa narrativa contemporanea, presentados cun estudio previo, preparado por Sonsoles Lopez, onde o lector encontrara moitas das claves e das significacions secretas do noso autor.