O Diccionario, coñecido tamén como"O Don Eladio", é a obra dun egrexio lexicógrafo e dun profundo e amantísimo coñecedor da Galicia tradicional, un diccionario que non se limita a recompilar as palabras e os seus significados, senon tamen a explicalas no seu contexto social e cultural, a recrealas a facelas revivir a traves das suas variantes e das expresions, frases e refrans as que dan lugar. O primeiro volume do Diccionario, precedido dun fervoroso limiar de Otero Pedrayo, foi publicado en 1958 por Editorial Galaxia, quen contou nesta ocasion co patrocinio da Casa de Galica de Caracas. Os dous tomos restantes apareceron en 1960 e 1962 e desde ese momento"O Don Eladio"converteuse nunha referencia ineludible para linguistas, filologos, escritores e, en xeral, para todas as persoas interesadas en coñecer e apreciar a riqueza da lingua galega. O diccionario enciclopedico gallego-castellano e un monumento da lexicografia galega, con mais de 2.000 paxinas, co que se formaron xeracions enteiras de estudiosos e escritores.