Simón Martel viaxa a Sintra para participar nun certame xuvenil galego-portugués de relatos de misterio. O xurado está formado por catro das mentes criminalistas máis brillantes do mundo: o detective Sam Espada; Edgardo Alen Pose, famoso pola aplicacion dos seus coñecementos no campo extrasensorial a persecucion do delicto; Servando Holmos e o comisario Pereira. Participantes e xurados hospedanse na atmosfera misteriosa da Quinta dos Velasco. O misterio e a intriga inician a sua andaina.