A lente de diamante é unha obra de fantasía cargada de amor pola ciencia; así se explica que, para a súa elaboración, o escritor Fitz-James O''Brien tivese que se documentar a eito, un feito que é posible constatar nas diversas alusions a multiples personaxes e invencions da epoca. Para esta historia, o autor atreveuse a especular, dun xeito tan atractivo coma delirante, sobre o descoñecido mundo microscopico e os seres minusculos que nel habitarian. Fixoo con sutileza, bosquexando unha trama que avanza con fluidez e gracilidade, mesmo nas pasaxes que na teoria poderian resultar as mais complexas, e dicir, nas de corte psicoloxico.A capacidade, mesmo poetica, do autor irlandes para crear atmosferas torna evidente neste longo relato nimbado de inquietude e desconcerto. O lector gozara con este texto pre-cursor da ciencia ficcion e do surrealismo, publicado orixi-nalmente pola revista norteamericana The Atlantic Monthly en 1858, e que na actualidade esta considerado a obra cumio de O''Brien.