Francisco Castro


FRANCISCO CASTRO
Francisco Castro (Vigo, 1966) director xeral da Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010). En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10', obra que recibiría o Premio Frei Martín Sarmiento en 2016. En 2018 entrou a formar parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.
Recibe novedades de FRANCISCO CASTRO directamente en tu email
Del 1 al 20 de 49
O NENO CAN

Editorial Galaxia, S.A. 9788498654318


LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG

Editorial Galaxia, S.A. 9788411762267


TANTOS AÑOS DE SILENCIO (EBOOK)

RAYO VERDE 9788417925192

(2)

Ver más ediciones

O CEO DOS AFOGADOS

XERAIS 9788497826549


AS PALABRAS DA NEBOA

Editorial Galaxia, S.A. 9788498650211


NUEVO VEN 3 PROFESOR

EDELSA 9788477118640


COMO ENCONTRAR TU ESTILO LITERARIO: TODAS LAS CLAVES PARA ALCANZA R UNA EXPRESION PERSONAL

ALBA EDITORIAL 9788484283928


MEMORIAL DE INFORTUNIO

ALBA EDITORIAL 9788484282174


UN BOSQUE LLENO DE HAYAS

EVEREST 9788424116569


GENERACION PERDIDA

PULP 9788493857677


NUEVO VEN 3 PROFESOR +CD EDICION 2010

EDELSA 9788477118664


RIO LETEO

ESPIRAL MAIOR 9788489814288


SPAM

Editorial Galaxia, S.A. 9788482889368

(1)

Ver más ediciones

MEMORIAL DO INFORTUNIO

A NOSA TERRA 9788496203426


XEOGRAFIAS

EDICIONS POSITIVAS S.L. 9788487783630


AMOR DE CINEMA

EDICIONS DO CUMIO 9788487126857


JOAN, JOANA

Tandem Edicions, S.L. 9788417588632


UN BOSQUE CHEO DE FAIAS

EVEREST 9788440311276


IN VINO VERITAS

Editorial Galaxia, S.A. 9788498653793


UN BOSQUE CHEO DE FAIAS

EVEREST 9788440305169


Del 1 al 20 de 49