ADN, a axencia de detectives na que traballa Suso Espada, decide envialo a Istanbul para investigar a desaparición dunha muller de orixe española, presa dende hai anos nunha cadea turca. Suso albiscará o misterio e os perigos que envolven esta desaparición, circunstancias agravadas polo feito de ter que desenvolver as pescudas nunha sociedade complexa e nunha cultura para el descoñecida. Malia isto, da man de Tamar, a intérprete que o acompaña, e de Nihat, o chofer do consulado español, chegará a intuír a complexidade da trama que dificulta o avance nas indagacións e tamén a comprender a importancia da cidade de Istanbul na historia da humanidade. Fracasada a investigación e de regreso, comprobará que, ás veces, é necesario deixar que as cousas sucedan por si mesmas e que, en ocasións, as respostas que buscamos témolas á nosa beira, moita máis preto do que sospeitabamos.
Logo da aparición da primeira aventura de Suso Espada, o investigador da Axencia de Detectives Nabucodonosor (ADN), publicada en Lendas de onte, soños de mañá, chega agora a primeira das súas novelas. Ausente o seu xefe, Suso Espada recibe a visita dun cliente que lle encarga a investigación da desaparición do Cáliz do Cebreiro. É este un cáliz moi especial, que a tradición vencella ó ciclo artúrico e que se conserva nunha fermosa igrexa do Camiño de Santiago. Suso Espada inicia as súas pescudas coa axuda de Cubeiro, un confidente que colabora habitualmente con el, e de Xosé Manuel, un bibliotecario con moita experiencia en redes informáticas. Pouco e pouco, máis por intuición ca por seguir pistas claras, Suso vai ir desvelando un misterio que, ademais de se relacionar coa desaparición do cáliz, ten que ver cunha rede de emigración ilegal. Nun momento da historia, Suso coñece a Laura, estudiante con quen coincide nunha biblioteca, e ela vaille axudar a avanzar na investigación e a sobrepoñerse nos momentos difíciles. Como é habitual nel, Suso furgará no misterio ata o extremo de pór a súa vida en perigo, sen chegar a desvelalo por completo, pero facilitando as cousas para que outros o fagan.
¿Quen non ten escoitado da Santa Compaña, da peregrinaxe a Santo Andrés de Teixido ou dos tesouros agochados polos mouros? Sen dúbida, todos nós nalgunha ocasión sentimos estas presencias, igual que lles ocorre os protagonistas dos relatos de Lendas de onte, soños de maña. Logo da sua lectura volveremos afirmar, como tantas outras veces, que "as meigas..habelas hainas".
En el corazón del bosque duermen los sueños de los animales y de los seres invisibles que, cansados de vagar, regresan a él para descansar. Debes estar atento y probar tus dotes de observación si quieres conocer a los seres fantásticos que se ocultan en las láminas, esperando a que los descubras. Para hacerte más fácil la búsqueda, al final del libro te presentamos alguna de estas criaturas que juegan con nosotros a camuflarse entre los árboles, el río, los peñascos, las montañas, los caminos... Encontrarlos sólo depende de tu capacidad para soñar.
ADN, la agencia de detectives en la que trabaja Suso Espada, decide enviarlo a Estambul para investigar la desaparición de una mujer de origen español, encarcelada desde hace años en una prisión turca. Suso se dará cuenta del misterio y de los peligros que envuelven esta desaparición, circunstancias agravadas por el hecho de tener que desarrollar su investigación en una sociedad compleja y en una cultura para él desconocida. Con todo, de la mano de Tamar, la intérprete que lo acompaña, y de Nihat, el chófer del consulado español, llegará a intuir la complejidad de la trama que dificulta el avance en las indagaciones y también a comprender la importancia de la ciudad de Estambul en la historia de la humanidad. Fracasada la investigación y de regreso, comprobará que, a veces, es necesario dejar que las cosas sucedan por sí mismas y que, en ocasiones, las respuestas que buscamos las tenemos a nuestro lado, mucho más cerca de lo que sospechábamos.