Gonzalo Amoedo López (Redondela, 1959) é autor ou, nalgúns casos, coautor das seguintes obras: A Prensa en Redondela, aproximación histórica 1883-1933 (Xerais, 2001); Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo (2002); Arredor de nós. Historia da Policía Local de Redondela 1863-2000 (2003); A taberna de Nador (2004); Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista (2006); Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón (Xerais, 2007). Ademais publicou os estudos Don Juan Manuel Pereira de Castro, paralelismos con don Juan Manuel de Montenegro (na revista de estudos valleinclanianos Cuadrante, 2001) e As illas de San Simón nas Actas do IIº Congreso da Memoria, Culleredo (2006). No ámbito da ficción escribiu os relatos Unha historia que ninguén contara, en Palabra por palabra. Contos da policía (2003) e O autobús sempre para en Teis na colección Relatos da paisaxe (2009). Así mesmo, escribiu o guión do documental dirixido por Cuchi Carreira Manolo Barros, un rebelde de aceiro (2007).
Recibe novedades de GONZALO AMOEDO LOPEZ directamente en tu email
Hay besos con una magia capaz de transformar por completo la existencia de aquellas personas que los reciben. Durante su visita a un campamento saharaoui, Marta recibe el beso de Nadira, una chica refugiada, y a partir de ese momento sus vidas se intercambian. El sueño y la realidad se confunden en esta historia como la vida de sus dos protagonistas.
Convencido de que achegar á sociedade o nome das vítimas, as voces e os lugares é insuficiente, o autor afonda na memoria colectiva ata dar cos que compuxeron o heterodoxo grupo dos erguidos en armas contra a II Republica, os complices necesarios, as razons da sua alianza e o porque dos seus actos e do seu acomodo no partido unico. En A memoria e o esquecemento tamen aparece recollido como, despois de trinta e nove anos, moitos deles iniciaron un doce aggiornamento que os levou a atravesar o Rubicon da transicion convertidos en democratas.Froito da sua pescuda en arquivos do pais pouco explorados ata o momento, Gonzalo Amoedo analiza de forma exhaustiva neste libro a organizacion interna da Falanxe na provincia de Pontevedra. O autor informa dos distintos sectores da sociedade que participaron nos actos da represion que se produciron durante os anos da ditadura franquista achegando datos e materiais que seran de inescusable referencia no futuro.Convencido de que achegar á sociedade o nome das vítimas, as voces e os lugares é insuficiente, o autor afonda na memoria colectiva ata dar cos que compuxeron o heterodoxo grupo dos erguidos en armas contra a II Republica, os complices necesarios, as razons da sua alianza e o porque dos seus actos e do seu acomodo no partido unico. En A memoria e o esquecemento tamen aparece recollido como, despois de trinta e nove anos, moitos deles iniciaron un doce aggiornamento que os levou a atravesar o Rubicon da transicion convertidos en democratas.Froito da sua pescuda en arquivos do pais pouco explorados ata o momento, Gonzalo Amoedo analiza de forma exhaustiva neste libro a organizacion interna da Falanxe na provincia de Pontevedra. O autor informa dos distintos sectores da sociedade que participaron nos actos da represion que se produciron durante os anos da ditadura franquista achegando datos e materiais que seran de inescusable referencia no futuro.