Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Compostela e grande señor feudal da Terra de Santiago, legado pontificio e gobernador de Galicia, deixou a súa pegada indeleble na historia de noso. Pero este bispo, que ocupou a se compostelana durante as catro primeiras decadas do seculo XII, titulandose 'pai, escudeiro, defensor e protector da patria galega', para uns e responsable da degracion do territorio galego, o xurdi-lo reino portugues, no entanto que para outros e abandeirado da idea nacional de Galicia. O primeiro organizador do poderio naval de España, constructor de igrexas e pazos sonados, arrecadador de reliquias de santos, que se defrontou coas revoltas burguesas de 1117 e 1136, arrincou gabanzas e provocou xenreiras.