Iolanda Zúñiga


Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) non foi culpable de malograr a súa vida. Foron os planetas quen se aliñaron o día do seu nacemento co fin de estampala contra a necesidade creativa. Subornou a unha astróloga para que lle refixese a carta astral, sen resultado favorable: o signo zodiacal Acuario, con ascendente en Acuario, aferrábase a ela, impedíndolle unha existencia ortodoxa. Na busca dun porvir común, obviou a quiromancia (sempre tiña as mans sucias) e a cafeomancia (a cafeína alterábaa). Suplicoulle, entón, a unha vidente, que lle augurara un futuro máis pragmático que quimérico. Nin a bóla de cristal nin o tarot a compraceron. Foi nunha terapia de regresión onde comprendeu todo: na súa vida anterior fora unha vedete, de nome artístico Marleen MaLone, á que lle encomendaran a misión de distraer as tropas no tempo da guerra. Tan ben desempeñara o seu papel que os soldados esqueceran lanzar bombas, pois andaban atarefados en desatoar os canos dos seus pistolos. Foi a bibliomancia quen lle puxo título a este manual cando a autora abriu un libro de Félix Rodríguez de la Fuente e, cos ollos pechados, sinalou co dedo unha frase: «O ruxir das femias en celo durante as noites de safari.» En Xerais, publicou o libro de relatos " Vidas post-it " (2007), o poemario " Amor amén " (2008) e " Periferia " (Premio Xerais de Novela 2010).
Recibe novedades de IOLANDA ZUÑIGA directamente en tu email
Del 1 al 7 de 7
VIDES POST-IT

PULP 9788493857714


AMOR AMEN

Edicións Xerais 9788497829359


VIDAS POST-IT

PULP 9788493857653


VIDAS POST-IT

XERAIS 9788497826341


VIDAS POST-IT

Edicións Xerais 9788499141817


PERIFERIA (PREMIO XERAIS 2010)

Edicións Xerais 9788499141701

Ver más ediciones

NATURA

GALAXIA 9788491512622


Del 1 al 7 de 7