Nos tempos da globalización neoliberal, a dotación de políticas públicas son a única posibilidadede que pequenos países coma o noso vexan tepresentada na nova sociedade a súa identidade, a súa lingua e cultura; fronte as tendencias do mercado e fronte a emerxencia doutros espacios comunicativos colonizadores.Da periferia a Rede e o primeiro achegamento a situacion de Galicia na sociedade da informacion, non dende unha perspectiva tecnoloxica, senon tentando salientar a importancia de dispoñer de contidos propios e na lingua do pais, con especial atencion a Internet.Velaqui unha analise dos pasivos e dos activos con que conta Galicia nesta altura, e a constatacion da necesidade dun plan estratexico galego para a sociedade da informacion, no que se incardine transversalmente unha nova politica linguistica.