Isidro Dubert é catedrático de Historia na USC, director do Grupo de Investigación de Hª Moderna da USC, fundador e editor da revista especializada «Obradoiro de Historia Moderna» e membro do CISPAC. No eido da investigación en Galicia, estes últimos anos prestou atención á historia do traballo das mulleres, á historia da vellez e do avellentamento poboacional, ás políticas demográficas e os medios de comunicación, á historia das migracións campo-cidade, á do funcionamento dos mercados de traballo, do servizo doméstico, do abandono infantil ou da ilexitimidade. Entre os seus traballos recentes atópase (en colaboración con Antía Pérez Caramés), «Invasión migratoria y envejecimiento demográfico. Dos mitos contemporáneos» (2021), e (en colaboración con Vincent Gourdon), «Inmigración, trabajo y servicio doméstico en la Europa urbana, siglos XVIII-XX» (2017).
En Xerais coordinou as obras «Historia das historias de Galicia" (2016) e "A morte de Galicia» (2019), publicadas nesta mesma colección.
Recibe novedades de ISIDRO DUBERT GARCIA directamente en tu email
No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza»,