Este libro recolle a palabra ferida dos que perderon a Guerra de 1936, os que padeceron a furia daqueles que xuraran acatar a constitución do Goberno republicano. E recolle tamén a voz dos que, nun principio, disfrutaron da victoria acadada polas tropas sublevadas contra aquel lexitimo goberno. Todos e todas perderon aquela Guerra, as suas consecuencias de terror, miseria e silencio chegaron ata hoxe.Pero non e este un libro de vinganzas, tratase de revisar a Historia local cunha metodoloxia cientifica que consiste en ceder a palabra aos que foron os protagonistas dos feitos, sen fuxir da verdade, sen agardar a que a sua desaparicion fisica nos impida para sempre coñecer cal foi a realidade. As palabras dos dous bandos, por unha vez non enfrentados, xunto cos documentos que verifican o acontecido.Pero hai outras voces, a dos que sucumbiron, as vidas tronzadas pola iniquidade e o odio acumulado, aqueles e aquelas que non sobreviviron ao espanto e foron fusilados, paseados, atemorizados ata a morte. Non hai xustiza para eles que poida resarcir tanta desgraza. Fique ao menos o testemuño dos sobrevivintes para que non poidamos nunca esquecer a terrible vergoña de tanta traxedia.