Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogandote mesmo, asfixiandote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces asaltandote, anguriandote, nunca facendote feliz. Imaxina? Ou non, non imaxines, emite tan so unha palabra, varias, unha frase: eu non son asi, eu non son un mobil nin maquina ningunha. Rebelate, pois, se tes vontade. Fala, sente. Daquela, esta e a tua salvacion, a tua liberdade, mellor. Sinte todo o que os humanos podemos sufrir ou gozar por nos mesmos. Ser humanos. Ser galegos e galegas; cidadans, asi, do mundo. Le, pois, as personaxes de As voces amadas para sentirte, coma eles, libre ou escravo, ou diferente, e crear saindo das regras da propia novela ou sociedade, aquelas aventuras que sempre pensaches, as que nunca fuches quen de conseguir agarrar coas tuas mans, co propio cerebro enferruxado. Quizais. Vive, pois, por ti mesma, acaso de xeito distinto, estes personaxes de As voces amadas. Se ti mesmo, se ti mesma, na recreacion. E, despois, se queres, falamos.
Ver más