Aurelio Aguirre (1833-1858) y otros é o título dun novo libro da escritora lucense Lucía García Vega. Unha vez máis, Edicións do Cumio aposta polo rescate e a difusión dunha gran figura galega. Ademais de aportar datos ineditos sobre o admirado poeta compostelan e un dos promotores do simbolico banquete de Conxo (1856), esta investigadora reune, entre outras cousas, un numero importante de textos dedicados a Aurelio Aguirre, en prosa e tamen en verso, polas principais voces da intelectualidade galega e foranea da segunda metade do seculo XIX e a primeira do XX.Os irmans Francisco e Antonio de la Iglesia, Manuel Murguia, Alfredo Vicenti, Valentin Lamas Carvajal, Rosalia de Castro, Eduardo Pondal, Jose Lopez de la Vega, Manuel del Palacio, Antonio Villar Ponte, Emilia Pardo Bazan, e un longo etcetera ata completar a variada nomina de corenta e sete suxeitos dos mais diversos ambitos. Asi mesmo o libro conten un prologo de excepcion, elaborado polo maxistrado da Sala 1ª do Tribunal Supremo de Madrid, don Jose Antonio Seijas Quintana, descendente de Aurelio Aguirre.