A vexetación mariña cumpre a mesma función que as plantas no medio terrestre, osixena o medio e transforma os sales en alimento para que a enerxía do sol chegue a tódolos recunchos da vida no mar, poñendo en marcha o ciclo mesmo da vida. Ainda que, as veces, o seu aspecto podenos parecer pouco atractivo, temos que considerar o seu traballo permanente como mantedoras da vida no mar. Galicia, con mais de 1.600 km de litoral, non pode manterse allea a riqueza que supoñen as algas mariñas, pois as nosas costas colocannos nunha situacion de privilexio para a sua explotacion. Algas mariñas de Galicia conten un ambicioso tratamento das macroalgas e as microalgas, desde o punto de vista bioloxico, industrial e gastronomico. Cunha informacion abundante, claves para a identificacion e o tratamento de temas como as purgas do mar ou o fitoplacton, e con numerosos debuxos, esquemas e fotografias, os autores poñen a disposicion dos lectores un campo pouco tratado pero especialmente importante para Galicia.