Manuel Darriba


Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista e editor de revistas técnicas. Dende 2011 dedícase en exclusiva á escritura creativa. Autor dunha ducia de títulos, recibiu premios como o González Garcés de poesía ou o Lueiro Rey de novela curta. Escribe guións para programas e series de televisión ( " Land Róber Tunai Show " , " O Faro " , " Fontealba… " ). Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil " Paf Xarope " , á que seguiron títulos como " Velada do billarista " (2001), " Accidental " (2003), " O bosque é grande e profundo " (Xerais, 2013), todos os tres publicados en castelán, e " Elefante " (Xerais, 2018). A súa incursión na narrativa infantil, " Brais e os demais " (2010), foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios " Calor " (1997), " Vostede non sabe con quen está a falar " (Premio Espiral Maior 2004) e " Os indios deixaron os verdes prados " (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica política " AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda " (2013). Sobre " O bosque grande e profundo " (Xerais, 2013), a crítica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco Martínez Bouzas, blog " Novenoites " ); «Brutal, terrible e inmisericorde […], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, " Diario de Ferrol " ); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, " El Mundo " ); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas […] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, " La Voz de Galicia " ); «Unha lectura engaiolante e arriscada […], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, " El Progreso " ).
Recibe novedades de MANUEL DARRIBA directamente en tu email
Del 1 al 11 de 11
BRANCO

Editorial Galaxia, S.A. 9788498652116


CALOR

ESPIRAL MAIOR 9788489814240


EXPERIMENTOS COA MENTIRA

Editorial Galaxia, S.A. 9788482887845


VOSTEDE NON SABE CON QUEN ESTA A FALAR (XIII) PREMIO DE POESIA ES PIRAL MAIOR

ESPIRAL MAIOR 9788496475229


SANTA MONTE

GALAXIA 9788491513223


A REALIDADE

Edicións Xerais 9788491218012

(1)

Ver más ediciones

ELEFANTE

Edicións Xerais 9788491213000

Ver más ediciones

EL BOSQUE ES GRANDE Y PROFUNDO (EBOOK)

CABALLO DE TROYA 9788415451297

Ver más ediciones

O BOSQUE E GRANDE E PROFUNDO

Edicións Xerais 9788499145402

Ver más ediciones

EL BILLARISTA - ACCIDENTAL

BRUGUERA 9788402420725


BRAIS E OS DEMAIS

Editorial Galaxia, S.A. 9788498652956


Del 1 al 11 de 11