A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e fotografía ao longo dun proceso de elaboración en común entre o escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente. A casa da duna, desde a forza da imaxe e desde a intensidade da palabra e da historia que se narra, pretende reforzar o álbum ilustrado nese papel de pequena obra de arte que lle é outor-gado no ámbito cultural europeo.
O fotógrafo Manuel G. Vicente ofrécenos neste fermosísimo libro o resultado feliz de dez longos anos de traballo nos Camiños a Santiago.Un libro tenro e conmovedor feito desde dentro do propio Camiño. Cun texto divertido e moi suxerente (en galego, castelan e ingles) de Jose Antonio de la Riera no prologo, Peregrinos constitue un retrato fotografico, vivo e universal da alma das persoas que transitan e habitan no Camiño. Encuadernacion: Rustica.
"Cidade dúas veces sacra, onde podedes sentir presente a transcendencia e gozar dos dons da beleza". Así resume o autor a esencia de Compostela. Despois, tradición, latín, libros medievais e as sempiternas pedras compostelás compoñen un cadro perfecto no que a cidade cobra vida a través de imaxes literarias e fotográficas. Historia e arte, bispos, peregrinos e cidadáns mestúranse baixo a prosa de Filgueira Valverde nunha obra que achega o celme de Santiago.