Magar, Manuel García Castro, fotógrafo de “Faro de Vigo”, escolmou dos seus milleiros de negativos, máis de trescentos humildes cartaces en branco e negro, para concentrar nun segundo libro outra mem
Vigo por Magar constitúe unha síntese histórica dos últimos corenta anos da cidade olívica.Historias de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas. A soidade dos Herbello en 1962, os últimos habitantes de Cies, o romance da Avenida de Beatriz, incrustado nunha pintada a brocha coa que un namorado quixo chamar a atencion dunha veciña da que anos despois chamarian Avenida das Camelias; o estrondo dun atasco de tranvias en Policarpo Sanz (en 1967), pouco antes da chegada dos Vitrasas.No libro amosase o esforzo das carrexonas do Berbes, das mulleres traballadoras do rural, das mariscadoras ou das empregadas de Regojo, presentes en varias fotos moi potentes. Ou a traxedia do naufraxio do petroleiro Polycomander, os incendios da Panificadora e do Hotel balneario de Mondariz, o choque ferroviario de Rande ou a chegada dos feretros do accidente do rio Orbigo, acontecementos recollidos en instantaneas estarrecedoras. Tampouco faltan as escenas da ledicia do ?Gordo? que caiu na Seara ou o tipismo das romaxes de san Mauro, san Blas, que se mesturan cos concertos de Raphael en Castrelos ou de Madonna en Balaidos. Nin as visitas de Franco, a manifestacion pola Autonomia ou os dias de folga xeral, os conflictos do naval que Magar soubo recoller con espirito critico e comprometido.Nesta sintese apaixonada non faltan os retratos de tipos populares: Manolito Soler ou a Karina Falagan dos setenta; escenas dos vellos oficios desaparecidos: o sereno, os limpabotas ou a ultima fotografa da Alameda. Nin a presencia dunha longa galeria de alcaldes; nin do deporte, dende o Vulcano de balonman ao primeiro Celta europeo de xogadores galegos. Con todo, o eixo do libro, prologado fermosamente polo xornalista Fernando Franco, e a propia cidade de Vigo: dende o seu patrimonio desaparecido ata o proceso de crecemento urbano contemporaneo.Vigo por Magar provoca no lector un recordo que non e pasado. As fotos deste libro serven para restaurar a memoria da cidade de Vigo.