A presente edición respecta a orixinal encadernada en cartoné, reproducindo a decoración xeométrica da cuberta, impresa neste caso, sobre a que campeaba un gran escudo de Galicia, os fotograbados de Thomas, os debuxos de Passos e Delgado e os cromos de Xumetra, se ben nalguns casos, lixeiramente desprazados da sua insercion orixinal, por mor da adaptacion o sistema industrial de encadernacion. Aquela edicion de 1888 pertencia a coleccion "España. Sus monumentos y artes. Su naturaleza e historia", que o editor barcelones Daniel Cortezo lanzaba sen escatimar os ultimos adiantos do momento na arte de imprimir en cromo. Acorde co espirito da coleccion, a finalidade desta obra era darlles a coñecer Galicia o resto dos españois. Manuel Antonio Martinez Murguia, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesia de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do seculo XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicacion nacional porque, segundo feliz expresion do propio Murguia, un pobo sen historia e un pobo morto. Manuel Murguia foi tamen o constructor do primeiro corpus teorico da galeguidade, dunha teoria da identidade que nos permitiu os galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia. Galicia e un dos libros mais significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores o xeito de guia ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se poderia ter atopado a alguen mais entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguia non era persoa que, tratandose de Galicia, se conformase co epidermico ou co anecdotico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es si para que conociendola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo. Nas paxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacions de Murguia o estudio da prehistoria, a mitoloxia e o folclore populares. Por se isto non abondase, nos capitulos reservados as cidades aparecen resumidas aportacions claves o estudio da historia de Galicia, e implicito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu pais. Cento doce anos de
Ver más