Nos anos cincuenta dáse en Galicia un desenvolvemento da fotografía non profesional como nunca existira ata ese momento. Movemento que, caracterizado polo feito asociativo, deu lugar a unha intensa actividade nas agrupacions fotograficas xurdidas en diferentes cidades e centrada fundamentalmente ao redor dos concursos e salons fotograficos. As preocupacions de tipo tecnico e formal eran esenciais, considerando que a funcion da fotografia era a procura da beleza cunha vision idealizadora dunha realidade na que a tematica preferida eran a paisaxe e as escenas costumistas. Manuel Sendon, profesor de fotografia na facultade de Belas Artes de Pontevedra, presenta e caracteriza a obra dos mais relevantes fotografos afeccionados galegos do periodo comprendido entre 1950 e 1965: Raniero Fernandez, Veiga Roel, Schmidt de las Heras-, uns con certa influencia de tipo documental e outros mais proximos ao pictorialismo tradicional. As diferentes concepcions confrontaranse na Agrupacion Fotografica Gallega coas de Ricard Terre, interesado nas posibilidades expresivas e comunicativas da fotografia e cun posicionamento humanista.