María Canosa


MARIA CANOSA
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compartindo desde sempre coa de escritora. Hai máis dunha década que é articulista no xornal «La Voz de Galicia» e colaborou en varios programas de debate da Radio Galega e Radio Voz. Desde hai anos desenvolve o papel de «experta en letras» en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo», publicadas en 1997, e continuada por títulos como «O Papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druidas» (2014); «Rubicundo» (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais 2016); «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2015 e 2016, «Muriel» (Xerais 2017), Premio Merlín 2017, «Unha fábrica de bicos» (Xerais 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón, «As pombas de Bastián» (Xerais 2021) e «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais 2023). En 2023 publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras». Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Recibe novedades de MARIA CANOSA directamente en tu email
Del 1 al 20 de 46
LUISA VILLALTA. MELODIA DE PALABRAS

Edicións Xerais 9788411104425

Ver más ediciones

VIAXES DE INVERNO

EVEREST 9788440312235


CANDO CAE A LUZ

URCO EDITORA 9788415699972


ANA XA CHEGOU!

EVEREST 9788440312532


DO A AO Z CON... NEIRA VILAS

EVEREST 9788440311429


ACUARIO 2

EDICIONS EMBORA 9788492644940


SERA CORRECTO?: A GUIA DE PROTOCOLO MAIS DIVERTIDA E SINXELA PARA MAIORES E PEQUENOS

HERCULES DE EDICIONES S.A. 9788494439667


¿SERA CORRECTO?: LA GUIA DE PROTOCOLO MAS DIVERTIDA Y SENCILLA PARA MAYORES Y PEQUEÑOS

HERCULES DE EDICIONES S.A. 9788494439674


PARAR O MUNDO

Editorial Trifolium 9788494409264


A TARTARUGA DE MARTIÑO

EVEREST 9788440311504


XIANA, A NENA PIRATA

EVEREST 9788440311887


FAISCAS

Editorial Galaxia, S.A. 9788498651638


MATIAS UN PITO DE CAMPIONATO

GALAXIA 9788498652765


DRUIDAS

EDICIONS EMBORA 9788492644889


MARUJA MALLO

EDITORIAL BULULU 9788418667862


MARIA CASARES

EDITORIAL BULULU 9788418667299


EL CASCANUECES

EDITORIAL BULULU 9788418667565


O CREBANOCES

Editorial Bululú 9788418667572


O LADO DO QUE DORMES

Edicións Xerais 9788491215592

Ver más ediciones

LEO ERA UN LEON

IR INDO 9788476804148


Del 1 al 20 de 46