O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo libre. Ademais, cambian os habitos, as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...Este caderno de vacacions pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao dia. Conversade sobre os conceptos que trata, que eles vos expresen as suas opinions, e animadeos a que os traballen. Compre que non perdan o habito de traballo escolar tan recentemente adquirido.Este material didactico ten como finalidade: Favorecer a vosa implicacion na educacion dos pequenos e das pequenas. Reforzar e repasar os coñecementos adquiridos durante o curso. Fomentar o traballo autonomo dos vosos fillos e fillas. Exercitar aptitudes como: a memoria, a atencion, a percepcion, a coordinacion,o razoamento loxico, a comprension e expresion oral Fomentar a comunicacion e o dialogo con eles e con elas. Reforzar habitos adquiridos na escola (hixiene, alimentacion, descanso, seguridade persoal). Desenvolver a creatividade. Reforzar a aprendizaxe da lectoescritura.Conten actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas as caracteristicas, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a sua motivacion e interese. De forma ludica, abordan contidos das tres areas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomia persoal, Coñecemento do contorno (medio fisico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicacion e representacion.
Ver más