Ole Lund Kirkegaard (Aarhus, Dinamarca, 1940-1979). O tema predominante dos seus libros é a relación entre os nenos e os adultos: sempre cunha visión e unha esaxeración ben escollidas, mostra a experiencia duns nenos nun mundo ateigado de pequenas e grandes aventuras, e cheo duns maiores pouco comprensibles.
En 1967 publicou Lille Virgil (O pequeno Virgil), o primeiro dunha serie de libros de humor para nenos.
Ole Lund está considerado en Dinamarca un clásico, a primeira obra que se traduce ao galego é Tarzán de goma, 1° accésit de Tradución da Universidade de Vigo, 2004.
Recibe novedades de OLE LUND KIRKEGAARD directamente en tu email
Tarzán de goma é a histoia dun rapaz máis ben pequerrecho, esfameado, sen grandes músculos e poida que tampouco especialmente guapo. O seu verdadeiro nome é Iván Olsen aínda que todo o mundo lle chama Tarzan de goma. Como non e moi forte os outros rapaces sempre se meten con el, botanlle auga nos pantalons e pechano nos vateres da escola. Na escola Ivan apaña malleiras e, na casa, o seu pai aprendelle que un rapaz ten que saber defenderse.Tarzán de goma é a histoia dun rapaz máis ben pequerrecho, esfameado, sen grandes músculos e poida que tampouco especialmente guapo. O seu verdadeiro nome é Iván Olsen aínda que todo o mundo lle chama Tarzan de goma. Como non e moi forte os outros rapaces sempre se meten con el, botanlle auga nos pantalons e pechano nos vateres da escola. Na escola Ivan apaña malleiras e, na casa, o seu pai aprendelle que un rapaz ten que saber defenderse.