Lolo era un home moi aburrido que esquecera o xeito de se divertir, de brincar nas festas, de deitarse nos lameiros e soñar co paso das nubes. Tiña corenta anos e sentíase cada vez máis triste. Coma un xoguete roto. Unha noite mentres estaba a durmir, tivo un soño. Lolo espertou distinto, tiña ganas de brincar, de bailar, estaba tolo e decidiu ser inventor: faria unha bicicleta con duas estrelas e a letra z. Escrito e ilustrado por Pablo Otero "Peixe", Lolo sorprende o lector tanto pola sua audacia imaxinativa, como polas suas divertidisimas ilustracions expresionistas, nas que emprega a tecnica da colaxe.