Pablo Prado (Ourense, 1987) é ilustrado e caricaturista. É autor da adaptación a banda deseñada da novela homónima de Berta Dávila «O derradeiro libro de Emma Olsen» (2020), así como dos debuxos de «Os berros da motocicleta», con guión de Kiko da Silva: Coa obra «Nerea. O príncipe da sorte» (Xerais, 2021), resultou gañador (xunto co guionista Miguel Rojo) do II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. En 2023 publícase a segunda parte: «Nerea. A invansión dos trastos».
Recibe novedades de PABLO PRADO directamente en tu email
Unha nova aventura de Nerea, chea de humor. Tes mensaxes de no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?... Que tal se miras o que está a acontecer ao teu redor? A invasión dos trastos comezou! Nerea regresa cunha nova aventura chea de humor sobre os excesos no uso das novas tecnoloxías.