Palmira González Boullosa (Vigo, 1941-2017) foi mestra e especialista en literatura de tradición oral. Os seus primeiros libros foron dedicados á recompilación do folclore infantil: Adiviñas (1985), Mentiras (1986), Arrolos (1986) e ¿Quen panda? (1986), tarefa que completaría con Cando o rei por aquí pasou (Xerais 1997). Ten publicado ademais: A princesa Lúa e o enigma de Kián (1988), novela, premio Merlín 1987; Brandón, fillo de Ferreol (Xerais 1993), que formarán parte dunha triloxía que concibiu baixo o título de Triloxía de Cumiodouro. Como poeta publicou Asoldamente, o teu nome (1992), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.
Recibe novedades de PALMIRA GONZALEZ BOULLOSA directamente en tu email
Ler para xogar. Fedellar pensamentos para atopar solucións.A quen non lle gusta gozar das palabras que parece que significan outra cousa e que nos levan por moitos camiños? E se ademais, riman, xa é perfecto. Porque unha adiviña e unha porta aberta a felicidade da descuberta. A autora ofrecenos vinte e oito adiviñas co recendo fermoso da literatura popular, moi sinxelas e breves pero, sobre todo, moi suxestivas e gozosas.
Unha delicia sensorial. Palmira G. Boullosa ofrécenos trinta e un poemas para arrolar, textos que son cancións, historias, coplas para durmir os cativos e as cativas da casa. Para que teñan soños felices. Para alimentar as suas fantasias. Para escorrentar os seus medos. Versos, tamen, cheos de musica que xogan coa onomatopea.