Din que a precisión na expresión é o mellor espello do nivel cultural e da claridade mental dunha persoa. E se nos fixamos neste indicador, temos que recoñecer que non somos un pobo especialmente culto, probablemente porque na nosa etapa de formacion escolar nunca se lle prestou a debida atencion o feito de que os coñecementos non se dominan ata que estan suficientemente estructurados na nosa mente, e a manifestacion mais clara de que o estan e a capacidade para expresalos con exactitude e, se e posible, mesmo con elegancia. Se isto e importante para calquera usuario dunha lingua, moito mais o e para os traballadores dos medios de comunicacion, tanto orais coma escritos, que teñen na lingua unha ferramenta de traballo que deben dominar e da que deben aproveitar todolos seus recursos. Por desgracia, non sempre e asi, e alguen poderia pensar que e debido a que o galego, como consecuencia da sua marxinacion historica, non posue os medios suficientes para unha expresion clara e precisa de determinadas ideas. Pero nada mais lonxe da realidade: na maioria dos casos e consecuencia dun coñecemento moi superficial da lingua, da falta de estudio e da ignorancia dunha gran parte dos recursos que esta ofrece.