Perfecto Conde (Xinzo, A Pontenova, 1943) estudou Filosofía e Letras e Periodismo e comezou o seu labor xornalístico no Diario SP de Madrid, foi secretario de redacción da revista Chan, dirixida por Borobó, e traballou para a BBC, Television Français 1, Radiodifução Portuguesa, os semanarios Triunfo, Cambio 16, Tiempo, e os xornais La Región, El Progreso, Avui, El Periódico de Cataluña e A Nosa Terra, entre outros. Foi o primeiro correspondente de El País en Galicia ata 1982, delegado do Grupo Z ata 1984 e xefe de investigación e redactor xefe de sucesos do semanario Interviu.
Recibe novedades de Perfecto Conde directamente en tu email
Carlos Núñez Rodríguez figura na memoria de moita xente, e nalgúns libros de Historia, como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo serodio, que tivo gran relevancia nos acontecementos da folga xeral viguesa de setembro de 1972, cando a cidade estivo condicionada polas mobilizacions obreiras. Mais na biografia de Carlos Nuñez hai moito mais: desde as torturas do franquismo, o exilio en Paris e Moscova e a fundacion do PCG, ata as suas innovacions municipalistas en 1979 e o 23-F. Un percorrido biografico da man de Perfecto Conde, quen, con habelencia, enfia unha conversa que non deixara indiferente a ninguen.
Foca Ediciones y Distribuciones Generales S.L. 9788416842315
La conexión gallega, del tabaco a la cocaína es un libro verdaderamente pionero. Publicada su primera edición a finales de 1991, su contenido ha inspirado investigaciones e interpretaciones posteriores que no siempre han seguido los canones del rigor minimamente exigibles y que a veces incluso han rozado los limites de la apropiacion indebida y del plagio, pero el autor esta muy contento de que su obra haya servido para valorar y poner al dia un fenomeno tan importante y controvertido como es el del narcotrafico gallego, objeto hoy de series de television y de todo tipo de exposiciones mediaticas.
Este libro é verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida, un testemuño onde ispe a súa alma e estrulla os miolos para transmitir todo o que sabía, pensaba e sentía sobre Galicia. Un libro sincero e auténtico, espontáneo, onde o entrevistado achega informacións históricas de gran valía e que de seguro resultarán de moito interese.O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde Muruais sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo. Este libro é o resultado das conversas que durante máis de oito días mantiveron o veterano galeguista falecido en 2010 e o xornalista que «igual ca Philippe Marlow, leva con heterodoxia a súa condición de detective», en palabras de Manuel Rivas. Estamos ante un verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida, un testemuño onde ispe a súa alma e estrulla os miolos para transmitir todo o que sabía, pensaba e sentía sobre Galicia. Un libro sincero e auténtico, espontáneo, onde o entrevistado achega informacións históricas de gran valía e que de seguro resultarán de moito interese.