O 24 de outubro de 1702 a poderosa frota que viña de América fuxindo da rapina do corsario inglés, cargada de ouro e de prata para a Coroa de España, foi asaltada no interior da ría de Vigo e afundidos os seus corenta navios entre o estreito de Rande e a illa de San Simon. Unha batalla feroz. A frota hispanofrancesa contra as rapidas naves inimigas.Dende aquela moitos buscan ainda o tesouro dos vellos galeons. Del falaron Xulio Verne, Borrow, o Padre Feijoo... ``Era a frota mais rica que ninguen recorda dacabalo das ondas, di un cronista da epoca.¿Que se perdeu e que se logrou salvar de todo aquilo? Habia tres anos que non viña das Indias nin unha peza de ouro nin unha onza de prata.Robert Stenuit, xornalista e arqueologo, narra neste libro a aventura e os traballos da ultima expedicion que en 1956, cos medios mais adiantados do seu tempo, veu procurar nestes fondos lamacentos o segredo do Santo Cristo de Maracaibo, a esplendida nau capitana. Localizaron os navios, levantaron os restos, armaron os seus campamentos a beira da ria...