Roberto Pascual (O Carballiño, 1981) é profesor e xefe de estudos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Licenciado en Filoloxía Galega e posgraduado en Arte Dramática, formouse tamén na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte dos consellos de redacción de Madrygal e Revista Galega de Teatro e dirixe a colección Abrente de Teatro. Na súa produción editorial destacan Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego (2006), 25 anos. Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (2009) ou Alén. Xaime Quintanilla (2010).
Recibe novedades de ROBERTO PASCUAL directamente en tu email
Este libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, coa forza expresiva do corpo, dos ritmos populares, das técnicas audiovisuais, deseñou espazos onde concitou heroes e mitos do pasado ou desagraviados e silenciados do presente. Inconformista, polémico, ocupado en oficiar en cada función a máis fresca e vibrante liberdade da acción dramática. Esta obra amosa o que hai detrás dos fíos que crean a maxia inesgotable, eternamente transformadora, da arte do teatro.
SOPHIE NON E O MEU NOME DE GUERRA (PR.R.DIESTE TEATRO-2021) es un libro del autor PASCUAL,ROBERTO editado por DIPUTACION DE A CORUÑA. SOPHIE NON E O MEU NOME DE GUERRA (PR.R.DIESTE TEATRO-2021) tiene un codigo de ISBN 978-84-9812-385-2, de la coleccion COLECCION DE TEATRO.