A primeira edición deste libro, en agosto de 1976, constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo; tres mil exemplares que se agotaron en apenas tres meses. O seu autor tiña daquela vinte e catro anos. Doce persoas da cultura e da lingua galega, doce persoeiros do galeguismo falaban cun xornalista mozo sobre o pasado recente, o presente e o futuro dun pais que, logo de corenta anos de ditadura, iniciaba o camiño das liberdades e o autogoberno. Ordenadas cronoloxicamente, dende a memoria historica de Ramon Otero Pedrayo ata a xeracion inmediatamente anterior a do autor, representada por Carlos Casares, o libro apunta doce biografias, doce maneiras de entender o mundo e a realidade galega, voces diversas dun poliedro que, paseniñamente, entraba nos camiños da modernidade. Algunhas das conversas son pezas de referencia no xornalismo galego contemporaneo. Concibido coma un libro documento, recuperamos -corenta anos despois- doce anacos da memoria colectiva do noso pais.
O Triángulo inscrito na Circunferencia e a primeira novela de Víctor F. Freixanes, coa que se situou decontado entre as figuras máis sobranceiras da narrativa galega de fins do seculo XX. Reditada agora en version revisada polo autor, confirma o seu posto de obra clasica da narrativa galega contemporanea. Fresco intemporal en que as epocas se funden e confunden nun quimerico Mar dos Espellos, tratase dunha obra en que o real e o irreal, o tanxible e o imaxidado teñen a mesma foraza aos ollos da xente con problemas moi palpables e practicos, mais cuxa vida sempre esta a abeirar o mitico e o fabuloso, como en certas obras literarias medievais. Polo seu alento narrativo e o pulo da sua imaxinacion O Triangulo inscrito na Circunferencia e unha das creacions mais singulares da novelistica galega.