Unha vida sae a luz do día diante dos nosos ollos. Unha muller foxe do seu propio pasado tentando chegar a metas imaxinadas longo tempo atrás. O xeito de interpretar a realidade desde unha visión excesivamente crítica co mundo que a rodea e con ela mesma provoca que as situacións sexan sombras da realidade. Serán os personaxes cos que se relaciona os que dun xeito calado farán mudanzas na conciencia de Raquel, levándoa a atopar novos camiños salpicados das historias do pasado familiar. Só o son esquecido será quen de falar coa máis alta das voces.
Cando un neno atopa un camiño que leva a un mundo onde as leis da natureza non son as que coñecemos, calquera cousa pode suceder. Unha cova máxica chea de personaxes (amigos ou non tanto) e sobre todo de aventuras vai pasando ante nós páxina a páxina. Abdul medra pouco a pouco coñecendo seres diferentes nun universo novo para todos nós. Só nas derradeiras páxinas chegaremos a descubrir o tesouro que agochaba a cova.
A partir de 11 anos. Agora sabían o xeito de localizar a pantasma e poderían tentar illala. Só que... algo non estaba a marchar como estaba previsto, xa que pouco a pouco a mensaxe da pantasma foi tomando forma de novo no móbil e na computadora de Xulia, e non só iso, senón que a mecha da candea con forma de dragón comezou a arder sen que ninguén a tocara...
Agora sabían o xeito de localizar a pantasma e poderían tentar illala. Só que... algo non estaba a marchar como estaba previsto, xa que pouco a pouco a mensaxe da pantasma foi tomando forma de novo no móbil e na computadora de Xulia, e non só iso, senón que a mecha da candea con forma de dragón comezou a arder sen que ninguén a tocara...