A mestura de elementos como a inocencia e a crueldade, a traxedia e a humorada, o realismo minucioso e a fantasía máis desatada, o lirismo e a brutalidade do absurdo, apoiados sempre nunha rica lingu
Aínda fluctuando entre formas literarias tan diferentes como o conto de medo e o disparate cómico, os catorce relatos incluídos en O capitán Lobo Negro teñen o inconfundible selo de Xesús M. Valcárcel. En 1995 recibiu o Premio da Critica Española por este libro.
Despois de presentar varias obras de poesía, de ensaio e de relatos, Xesús Manuel Valcárcel publicou esta súa primeira novela. En case cincocentas páxinas dedícase ao que tan ben ten demostrado dominar: indagar o fondo descoñecido das persoas, o lado desacougante das cousas, en suma, os segredos mais inesperados deste mundo. Ofrecenos unha novela escrita con ese estilo tan caracteristico entre ironia e sensibilidade, que se pode ler como un gran triptico alegorico sobre as teimas da sociedade moderna.