Xosé Antón Castro (Muxía, 1953), licenciado en Filosofía e Letras e en Literatura Francesa, é doutor en Historia da Arte. Membro da Asociación Internacional de Críticos de Arte, de París, foi profesor de Arte Contemporánea e impartiu mestrados e cursos en diferentes universidades. Colaborou en varias revistas de arte, pensamento ou literatura; comisariou máis de sesenta exposicións por todo o mundo; escribiu unha vintena de libros sobre arte e artistas actuais. Nos últimos anos foi director do Instituto Cervantes de Milán (2004-2008) e do Instituto do Patrimonio Cultural de España (2008-2009). Na actualidade é profesor da Universidade de Vigo. Desde 1980 escribiu uns vinte textos sobre a obra de Manuel Colmeiro e foi comisario da súa mostra antolóxica no marco da IX Bienal Internacional de Arte de Pontevedra (1987).
Recibe novedades de XOSE ANTON CASTRO directamente en tu email
Un achegamento á obra de Colmeiro, unha das grandes achegas realizadas dende o mundo da arte á cultura galega do século XX. Manuel Colmeiro naceu en Chapa (Silleda) en 1901. A súa longa experiencia artística está vencellada a cidades como Buenos Aires, Madrid e principalmente París. Pero é Galicia, o seu mundo campesiño e a súa paisaxe, a inesgotable provedora da súa sensibilidade plástica. A obra de Colmeiro esta hoxe presente en pinacotecas de todo o mundo.