La creciente importancia de la Administración Local y la necesidad de contar con El Manual de actuación del parlamentario es una obra realizada por ocho especialistas de contrastada experiencia en el ambito del parlamentarismo español. Contiene las respuestas a los principales interrogantes acerca del Legislativo y su funcionamiento, presentadas de un modo pedagogicamente atractivo mediante un metodo dialectico que incluye mapas conceptuales y glosario de terminos parlamentarios.
?O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais? é unha obra que pon ó día a praxe autonómica galega. Parte da teoría estatutaria de 1981 e analiza polo miúdo a interpretación que o Tribunal Constitucional da na sua xurisprudencia dos ambitos de actuacion dos poderes publicos galegos. O autor, Xose Anton Sarmiento Mendez, letrado do Parlamento de Galicia, presenta, seguindo a sistematica do texto do ?Estatuto de Galicia?, un percorrido detallado de toda a normativa (legal e regulamentaria) que o desenvolve, e achega unha escolma bibliografica de grande utilidade. Tratase dun libro que proporciona unha informacion exhaustiva sintetizada dun xeito sistematico que procura facilita-la comprension e aplicacion do ordenamento xuridico de Galicia e a conflictividade entre o Estado e a Xunta de Galicia dende 1981 a 2003, presentando pois evidente interese para os que se aproximen a experiencia autonomica galega, tanto dende unha perspectiva estrictamente xuridica como dende a analise politoloxica.Este tratado pon sobre a mesa problemas de grande actualidade como o do rendemento institucional dos poderes publicos autonomicos, necesidade de reforma do texto estatutario versus novas formulas federais ou confederais, os limites da autonomia galega ou o papel do Tribunal Constitucional como supremo interprete da Constitucion e, en xeral, do que denomina ?bloque de constitucionalidade?. O libro vai precedido dunha presentacion de Aurelio Miras Portugal, actual Conselleiro de Emigracion da Xunta de Galicia, que sinala ?a calidade e densidade dunha magnifica obra xuridica, que agocha todo un contido humano?.
Dereito Parlamentario de Galicia vén cubrir un baleiro importante no tratamento dogmático do ordenamento xurídico de Galicia. Trátase dunha obra na que Xosé Antón Sarmiento Méndez analiza de xeito critico as especificidades do lexislativo autonomico como cerna do poder politico galego, poñendo de manifesto aqueles aspectos mais polemicos de funcionamento da Camara e as suas posibles reformas.Os operadores politico-xuridicos da Comunidade Autonoma, asi como os estudiosos do Dereito galego, e en xeral das institucions politicas, atoparan en Dereito Parlamentario de Galicia claves que explican o rol xogado no escenario politico galego por suxeitos como a Xunta de Galicia, a oposicion parlamentaria, os partidos politicos, os grupos parlamentarios e certos grupos de presion que actuan sobre o Parlamento.O traballo de Sarmiento Mendez adquire ademais o interese de estar elaborado por quen, na sua condicion de letrado parlamentario, e coñecedor das interioridades da institucion, une o seu labor como profesor universitario de Teoria Constitucional na Facultade de Dereito, o que Ile permite achegar a obra o necesario rigor cientifico no tratamento dos temas, facendo de Dereito Parlamentario de Galicia un instrumento de grande utilidade para todos aqueles que, como estudiantes de Dereito ou Ciencias Politicas e opositores aos Corpos de Funcionarios das Administracions Publicas, necesitan dispor dun manual actualizado e sistematico co que dar conta da regulamentacion xuridica-politica do Parlamento de Galicia.