Catro relatos nos que os protagonistas son como aprendices que buscan o seu lugar no mundo. Matar a Kerenski é a nova entrega de Xosé Antonio Moreno, autor vigués que en 1995 gañou o Premio Café Dublín de narrativa breve co libro O Cable inglés. Os sete relatos que compoñen esta recente publicación súa -tres deles galardoados co Premio Modesto R. Figueirido (Pedrón de Ouro)- teñen argumentos moi variados, referidos a diferentes épocas. O que caracteriza a todos é o xeito que amosa o autor na súa maneira de narrar, froito dun estilo claro e puro que leva os contidos á súa máis adecuada expresión. Se cadra outro punto en común represéntao a dialéctica entre a idea que os personaxes teñen da vida e a sorpresa que esta vida lles reserva.
En 1968 un grupo de rapaces inícianse na vida a través do sexo, a ilusión da viaxe, a rebeldía e a fascinación pola música e a literatura modernas. Unha áxil e vivísima recreación do mundo duns rapaces rebeldes, fascinados polos poetas da xeración beat e as cancións de The Doors no Vigo dos anos sesenta. Novela de iniciación, de amor e de intriga, esta é tamén unha narración que recupera unha época de cambios, de rupturas que ata agora non fora abordada en fondura pola literatura galega.