Xosé Durán (Cuntis, 1957) é licenciado en Química e en Xornalismo e traballou desde comezos dos anos oitenta en medios de comunicación falados e escritos como Radio Pontevedra, Radio Noroeste ou Faro de Vigo, na delegación de Pontevedra. En 1985 incorporouse á Televisión de Galicia, onde exerceu de redactor xefe de deportes, ademais de diversos programas e de novas canles e Internet. Nesa mesma casa dirixiu CienciaNosa, Vivir Aquí ou Vivir o Mar, ademais de diversos especiais informativos e deportivos, e documentais sobre autores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Son da súa autoría o libro de relatos de ficción científica O Asasino Invisible (1998), a biografía Roberto Blanco Torres. Xornalista e Poeta (1999), o ensaio A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004) e mais a peza de teatro escolar A lección máis solidaria (2007). Foi autor do primeiro audiolibro galego situado nunha tenda virtual (iTunes), para descargas por ordenador, segundo Manuel Gago, do Consello da Cultura Galega.
Recibe novedades de XOSE DURAN directamente en tu email
A televisión, o teléfono móbil, a navegación por Internet e o emprego de videoxogos están a marcar as pautas de conduta dos mozos e nenos galegos.
Se sumamos as horas fronte ao televisor, as partida
Unha amena e sinxela biografía do escritor conmemorado no Día das Letras Galegas de 1999. Blanco Torres, republicano convencido e galeguista, viu a súa vida prematuramente truncada pola violencia e a inxustiza. Nun estilo narrativo e non exento de emotividade, o coñecido xornalista Xosé Durán afonda nesta traxectoria vital de Blanco Torres, na súa personalidade e nas circunstancias humanas e históricas que lle tocou vivir e nas que tivo que desenvolver o seu traballo como xornalista e escritor. Este libro, sen dúbida, constitúe un paso máis cara á recuperación da nosa memoria colectiva.
Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxian os seus instrumentos cantandome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucia e a Provenza devecian por min. Cos Irmandiños fun derrubar castelos de nobres opresores e coas xentes do comun escorrentei os franceses ao que ousaron pisar Galicia. Pero cando me deixaron de escribir, so o alento do pobo conseguiu manterme viva. Agardo contigo, que me les, recuperar os esplendorosos momentos de gloria e vivir orgullosa outras mil primaveras mais.Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxian os seus instrumentos cantandome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucia e a Provenza devecian por min. Cos Irmandiños fun derrubar castelos de nobres opresores e coas xentes do comun escorrentei os franceses ao que ousaron pisar Galicia. Pero cando me deixaron de escribir, so o alento do pobo conseguiu manterme viva. Agardo contigo, que me les, recuperar os esplendorosos momentos de gloria e vivir orgullosa outras mil primaveras mais.
Dez relatos que de variadas maneiras tratan dunha sociedade na que as máquinas empezaron a levar o control. As posibilidades e os perigos da revolución tecnolóxica son os verdadeiros protagonistas deste inquietante libro, que non deixará a ninguén indiferente. Non faltando humor e misterio, a lectura de O asasino invisible faise amena á vez que convida á reflexión sobre o ser humano dun futuro que xa está a empezar. A fin de contas: un exemplo logrado de ciencia ficción en galego.